Wright, Joe

Anna Karenina / Joe Wright - Madrid :Universal Pictures Iberia ,2013 - 1 disco (DVD) (ca. 124 min.) :son., col. ;12cm - Speak Up .

Esta historia atemporal explora a capacidade do corazón humano para amar, ao tempo que mostra a fastosa sociedade da Rusia imperial. Encontrámonos no ano 1874. A preciosa e vivaz Anna Karenina leva a vida desexada por todas as súas contemporáneas: está casada con Karenin, un importante funcionario ao que deu un fillo, e a súa posición social en San Petersburgo é envexable. Viaxa a Moscú despois de recibir unha carta do seu irmán, o mullereiroOblonsky, pedíndolle axuda para salvar o seu matrimonio con Dolly. No tren, Anna coñece á condesa Vronsky (Olivia Williams), á que espera o seu fillo, o elegante oficial de cabalaría Vronsky. CandoAnna é presentada ao oficial, xorde unha faísca mutua que ningún dos dous ignorará. Levin, un terratenente compasivo e sensible, é o mellor amigo de Oblonsky e ten a intención de pedir a man de Kitty, a irmá pequena de Dolly, pero non sabe que a moza está perdidamente namorada de Vronsky. Ante o rexeitamento de Kitty, o entristecido Levin regresa ás súas terras de Pokrovskoe e entrégase aos traballos do campo, mentres Kitty descobre con dor, durante un baile, que o seu grande amor Vronsky non lle quita ollo a Anna Karenina, que parece compartir os seus sentimentos. Anna, nun esforzo por recuperar a cordura, apresúrase a regresar a San Petersburgo, onde a segue Vronsky. Ela intenta recuperar a súa vida familiar, pero non deixa de pensar no mozo oficial. Teñen unha apaixonada aventura que escandaliza á sociedade da capital.



127.413


Drama
Amor

791.221.3(086.8)

Coa tecnoloxía Koha